• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

Guerrero

XUXO VÁZQUEZ

Guerrero
INV:
9252
Año de creación:
1989
Dimensiones:
13 x 17 x 14
Técnica:
Bronce patinado e base de ferro

Comentarios

O xesto de agresividade do guerreiro, que sostén un escudo coa súa man dereita, mentres amosa a man esquerda co puño pechado, é unha directa invitación ó combate. A luz rebota e proxéctase sobre o escudo, o que se converte nunha pantalla que protexe o guerreiro anónimo, sen rostro, un inimigo invisible. A forza contida na pequena peza de bronce descóbrese pola concepción compacta das súas formas que revelan unha preferencia polos volumes xeométricos, permitindo combinar a figuración e a abstracción cun resultado final que sorprende pola súa coherencia e harmonía. A obra rómpese, transgrede as formas tradicionais. O seu corpo perfecto, de suaves e brillantes planos, vese violentado con rupturas na propia peza que xeran contrastes lumínicos e de textura que recordan propostas de Boccioni pero, neste caso, non se pretende acentuar a sensación de movemento ou de dinamismo -o guerreiro parece ancorado ó chan- senón incidir na tensión e a intensidade do momento.
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    [email protected]
    986 12 00 84 / 986 12 00 78