Comentarios
O personaxe, sentado, envolto nun capote pardo, coa cabeza cuberta por un gorro escuro, suxeita enerxicamente entre as súas mans unha xerra, apoiándose nunha mesa, sobre a que se distribúen diversos obxectos, con esmerada execución. A composición, pola súa disposición, luz e cor, semella un bodegón, pero a excelente caracterización do personaxe obríganos a fixarnos nunha cara engurrada, de expresión melancólica, difícil de esquecer. A cor é sobria, de acordes cromáticos moi achegados, negros e pardos sobre os que resaltan os brancos do mantel, a servilleta e camisa, nun fermoso contrapunto.
Bibliografía
Enciclopedia Gallega, Tomo 26, páx. 2, "Ahorro", páx. 142, "Un aspecto de la obra cultural de la Caja de Ahorros de Vigo: su fondo pictórico", A. Ilarri, páx. 37.
Exposiciones
"Artistas Gallegos en la colección de la Caja de Ahorros Municipal de Vigo" na Sala de Exposicións do Centro Cultural da devandita entidade, do 5 ó 28 de setembro de 1986.
Reproducciones
Carátula de "Plástica Gallega", Vigo, 1981. En "Antonio de Puga, pintor Gallego", Mª Luisa Caturla, A Coruña, 1982, en páx. 59. En "Ahorro" nº 142, páx. 36.