Comentarios
Céntrase Virxilio nesta época na paisaxe das Terras de Ourense. Serán temas recorrentes A Rábeda, O Cumial, Taboadela, A Merca. Nestas obras vaise apreciando un proceso de síntese que o leva á abstracción das formas, abandonando a descrición para transmitir unha imaxe, na que a harmonía das cores, as formas e os planos expresan a individualidade dun lugar, vista polo artista cunha linguaxe universal.