Comentarios
Constrúe un espacio con seis cadrados que compoñen un mosaico de fiestras ou pantallas onde se proxectan visións de universos descoñecidos. O conxunto así estructurado configura un feito artístico. As texturas e a cor dinamizan a composición cun despregue de ritmos que van dunha visión a outra xogando con contraposicións, día-noite, calor-frío, vida-morte.
Bibliografía
A. González Alegre. "Áreas de silencio", páx. 17, Deputación de Pontevedra, Xunta de Galicia.
Exposiciones
"Áreas de silencio" na 23 Bienal de Arte en Pontevedra, Edificio Sarmiento, agosto de 1994.
Reproducciones
"Áreas de silencio", catálogo da exposición páx. 16.